Este curso os Polos Creativos crearon unha chea de material. Velaquí tendes o que fixeron en colaboración coa Biblioteca para celebrar o Día das Letras Galegas: chapas, bolsas e cadernos.
.jpeg)
E non sabedes o ben que o pasamos coa lectura colectiva de Atranco no banco, unha comedia teatral de Manuel Núñez Singala.
Este ano dedicámoslle o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, á banda deseñada, cómic, quadrinhos, fumetti, bande dessinée ou como lle queiramos chamar. Como diría Shakespeare, "unha banda deseñada, por calquera outro nome, seguiría tendo viñetas." Ca, esperade, ou era unha rosa?
Montamos un mural na entrada do edificio A. Na parte esquerda colocamos imaxes de autores canónicos do cómic europeo coma Miguelanxo Prado; personaxes clásicas do cómic europeo e estadounidense, coma Astérix e Obélix e Superman; dous pósters sobre dúas estrelas da ilustración contemporánea, Emma Ríos e Bea Lema;

Na nosa sociedade a lectura é solitaria e silenciosa, aínda que non sempre foi así: as persoas adoitaban ler xuntas e en voz alta. Hoxe en día, unha maneira de compartirmos o pracer da lectura son os clubs de lectura. Este ano no IES de Foz tivemos tres: un club de manga para o alumnado, un club de novela para o alumnado e outro para o profesorado. Estas son algunhas das reunións e das lecturas que fixemos.
Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o IES de Foz desenvolveu unha actividade enmarcada no Plan Proxecta Donas de Si, destinada ao alumnado da ESO e Bacharelato das materias de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Cultura Científica e Matemáticas.
A proposta tivo como finalidade achegar ao alumnado referentes actuais do ámbito científico e tecnolóxico, favorecendo a reflexión sobre a igualdade de oportunidades, a visibilización do talento e a importancia da ciencia na sociedade actual.
Tras unha primeira aproximación ás súas biografías e traxectorias profesionais, o alumnado realizou unha pequena investigación sobre as súas achegas e elaborou preguntas relacionadas coa súa formación, experiencias persoais, dificultades atopadas, motivacións e consellos para as novas xeracións.
As cuestións formuladas polo alumnado foron respondidas por Vera, Elena e Daniel a través dun vídeo gravado expresamente para a actividade. Posteriormente, o vídeo foi proxectado nas aulas das diferentes materias implicadas, permitindo compartir as reflexións e fomentar o diálogo arredor da ciencia, da igualdade e das vocacións científicas.
Este tipo de actividades supón numerosos beneficios para o alumnado, xa que contribúe a achegar a ciencia á realidade cotiá, humanizando a figura das persoas investigadoras e favorecendo unha maior motivación cara ás disciplinas científicas. Ademais, promove o pensamento crítico, a curiosidade e a participación activa do alumnado, ao tempo que visibiliza referentes femininos e axuda a combater estereotipos de xénero asociados ás profesións STEM. Do mesmo xeito, fortalece valores como a igualdade, o esforzo, a superación persoal e a confianza nas propias capacidades, aspectos fundamentais dentro da filosofía do Plan Proxecta Donas de Si.