martes, 12 de marzo de 2013

As pistas...

  • Escritora, catedrática de lingua e literatura galega e figura relevante no movemento feminista. Creou a revista “Festa da palabra silenciada” escrita só por mulleres, que aínda dirixe.
  • Escritora máis coñecida polo seu seudónimo  literario Isak Dinesen. A súa vida foi levada ao cine na película “Memorias de África”
  • Escritora  e filósofa existencialista francesa  autora de “O segundo sexo”
  • Escritora británica, moi vinculada a África e  autora de “O caderno dourado”
  • A “Raíña da canción protesta” comprometida  polos dereitos civís e a non violencia.
  • Actriz galega coñecida polos seus “Pratos combinados” e remar “Mar adentro”
  • Foi a primeira española en cruzar o Polo Sur e unha das poucas mulleres que alcanzou a cima do Everest sen axuda de osixeno artificial.
  • Acábase de estrear como membro da RAG. Se pasas pola “biblio” atoparala de fronte.
  • Atleta galega considerada unha das mellores fondistas españolas de tódolos tempos. Especializada en maratón e campo a través, participou nos Xogos olímpicos de Pekín 2008 e Londres 2012
  • Poetisa e crítica literaria galega,  debátese entre “Cifras e Letras”.
  • Cantante e presentadora galega que nos anos 70 e 80 triunfou na canción lixeira. A súa música está moi unida ás romarías e festas populares.
  • É a primeira muller que alcanza a presidencia dun goberno en África.
  • Escritora. Considerada unha das primeiras feministas españolas, Membro destacado do Lyceum Club Feminino xunto a Victoria Kent e María de Maeztu.
  • Atleta africana campiona olímpica de 1500m en Barcelona 92, tivo que exiliarse a Francia tras recibir ameazas de grupos fundamentalistas islámicos polo feito de correr en pantalón corto e negarse a usar o velo en actos públicos.
  • Destacada avogada norteamericana, descendente dun escravo nacido en Carolina del Sur, que chegou a ocupar a casa máis branca.
  • Actriz sevillana recoñecida a nivel internacional. A súa gran oportunidade chegou coa serie “7 vidas” e dende entón non parou de traballar. Na actualidade é  unha chica Almodóvar.
  • A gran dama da literatura policíaca. Creadora de personaxes como Henri Paro te Miss Marple
  • Deseñadora francesa que revolucionou a moda feminina a principios do século XX. Vestiu as grandes musas do cine. Jackie Kennedy vestía un dos seus modelos o día que asasinaron ao seu home.
  • Astronauta rusa. Foi a primeira muller que tripulou unha nave espacial.
  • É considerada a primeira muller científica da historia.
  • Científica. Pionera en el estudio de la génesis, clasificación y cartografía de los suelos de la zona húmeda de España, está vinculada oa CSIC dende 1965.
  • A máis veterana e con máis experiencia das corresponsais de TVE.
  • Licenciada en Filosofía e Letras, profesora de Historia nun instituto público. Debutou como actriz aos 50 anos . Protagonista de “Solas”. Moi coñecida como a avoa dunha serie de televisión.
  • Activista africana encargada de organizar o movemento de paz que puxo fin á  2ª guerra civil de Liberia en 2003.
  • Pionera no campo da radiactividade. Foi a primeira persoa que recibiu dous premios Nobel en dúas especialidades distintas.
  • Unha das bailarinas máis aclamadas da escea mundial. Foi a bailarina principal do Royal Ballet de Londres durante doce anos, posto que acaba de abandoar para dirixir o English National Ballet.
  • É considerada a precursora da informática grazas aos seus estudos sobre a máquina de Babbage. A súa aportación ao campo da programación informática é tan recoñecido que o pasado 10 de decembro Google dedicoulle un doodle para celebrar o seu 197 cumpleanos.

  • Esta muller foi  detida e multada por negarse a  ceder  o seu  asento nun autobús público a un home de raza branca. Este acto cambiou a historia nos Estados Unidos. Barac Obama, recentemente, afirmou que sen ela non sería posible a súa situación actual.
  • Bibliotecaria. Apaixoada da expresión lingüística e a gramática, é autora do máis famoso Dicionario de Uso do Español.
  • É unha grande loitadora e defensora do agro galego. Pertence ao Sindicato Labrego Galego.Participou activamente, como conferenciante e activista, nos tres Foros Sociais Europeos celebrados en Florencia, París e Londres.
  • Pintora. Recibiu  a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento polo seu labor docente. A súa obra formou parte da exposición:A arte inexistente: as artistas galegas do século XX
  • Deportista con dobre nacionalidade que nos Xogos Olímpicos de 1976 obtivo 7 puntuacións de 10, feito insólito ata ese momento no  mundo da ximnasia deportiva. Conta con nove medallas olímpicas, das que cinco son de ouro.
  • Recoñecida directora de cine que ocupou cargos de relevancia como a Dirección Xeral de Cinematografía ou a Dirección de Radiotelevisión Española. Posúe unha estrela no Paseo da Fama de Madrid.
  • No ano 2010 converteuse na primeira muller que alcanzaba a presidencia  do seu país, que se atopa  nas nosas Antípodas.
  • Activista política e ecoloxista africana. Loitadora contra a ditadura do  seu país, promoveu a creación do movemento “Cinturón Verde” centrado na plantación de árbores como recurso para a mellora das condicións de vida da poboación. 
  • Cantante africana, icona da loita contra o aparheid no seu país. En 1999 foi nomeada embaixadora de boa vontade das Nacións Unidas para a agricultura e alimentación (FAO)
  • Política. Participou activamente na independencia do seu país, pois era colonia británica. Foi Primeira Ministra do mesmo durante 15 anos. Foi asasinada polos seus gardaespaldas.
  • Política. Loitou contra o réxime militar do seu país e converteuse na primeira muller dirixente do mundo musulmán, aos ser elixida Primeira Ministra da Republica en 1988. Foi asasinada en 2007.
  • Figura emblemática da oposición contra a dictadura militar que ocupou o poder entre 1962 y 2011 . En 1991 concedéronlle o Premio Nobel pero o goberno do seu país que a mantiña baixo arresto,  non lle deixou saír  para recollelo. Tivo que esperar a xuño de 2012, para poder facelo.
  • Primeira muller en recibir o máis prestixioso premio da Arquitectura mundial. Deseñadora, entre  outras obras, do “Pabellón Puente”, un dos edificios principais da Expo de Zaragoza 2008.

viernes, 8 de marzo de 2013

PARTICIPA EN EQUIPO

Con motivo da celebración resdo día da muller dende a biblioteca convocamos un concurso dirixido a todo o alumnado.
EN QUE CONSISTE?
Na entrada do edificio A (diante da biblioteca) están expostas estas fotos e moitas máis. Son algunhas  mulleres relevantes de tódolos tempos.
   Noutro panel  aparecen pistas sobre a vida de cada unha delas.
   Debedes completar unha ficha co nome da muller, a data e país de nacemento, o campo no que destacou e se tivo algún recoñecemento polo seu labor.
   Podedes pedir na biblioteca tantas como necesitedes.

QUEN PODE PARTICIPAR?
Todo o alumnado matriculado no IES de Foz.
Uhna mesma persoa pode participar tantas veces como queira pero contabilizaranse as fichas por grupos (1º ESO A, 3º ESO B, PCPI …)

ATA  CANDO?
Podedes completar as fichas e entregalas ata o día 22 de marzo ás 14. 30 h.
O grupo gañador darase a coñecer á volta de vacacións.

PREMIO
O curso gañador será  o convidado especial na semana de almorzos que tódolos anos organiza o departamento de hostalaría. Realmente saboroso!
Podedes ver no blog como disfrutaron os premiados do ano pasado!

martes, 5 de marzo de 2013

Sabes quen son?

Xa estamos en marzo, como pasa o tempo!
O venres 8 é o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER e dende a biblio queremos sumarnos a esta celebración, non só este día, senón que imos dedicar todo o mes a esas mulleres que, a pesar das barreiras, foron capaces de superar as dificultades e crear a súa propia historia. A algunhas  reconoceuselles o seu labor, pero moitas outras foron ignoradas, apartadas e escondidas.
Neste mes imos sacalas á luz, darlles o reconocemento que merecen porque foron e son mulleres extraordinarias.
Estade atentos porque imos convocar un concurso cun premio moi saboroso!

miércoles, 27 de febrero de 2013

Gústanos a poesía!!!



Este é o aspecto que atopamos na entrada do instituto esta semana.


 ¿A razón? A vosa participación nesta actividade da biblioteca que unía  poesía e música ao mesmo tempo que lembrábamos o día da paz e dos namorados.
Non só podemos ler, tamén podemos ver e escoitar os temas que máis vos gustan mentres descansamos ou comemos o bocata
                                                    GRAZAS A TOD@S!!!


miércoles, 20 de febrero de 2013

Van chegando cancións...

Xa vos ides animando e van chegando as vosas cancións.
Aquí van algúns títulos:
  • Always (Bon Jovi)
  • Letter to a friend  (Bon jovi)
  • Pablo Alborán: Tanto 
  • Bon jovi – I'll be there for you   
  • El día que me quieras (Armando Manzanero)
  • Scorpions – Still loving you
  • Joan Manuel Serrat: Tu nombre me sabe a yerba
  • Guns N´Roses – November rain
  • Joan Manuel Serrat  La mujer que yo quiero
  • Guns N' Roses – Don´t cry 
  • ESPERARÉ: Armando Manzanero
  • Queen – Love of my life
  • Joan Manuel Serrat: Más que a nadie
  • Aerosmith – Angel
  • Aerosmith – I don't wanna miss a thing  
  • Somos novios (Armando Manzanero)
  • Mago de Oz – Desde mi cielo
  • Camila: Sólo para ti
  • Ya lo sabes - luis Fonsi y Antonio Orozco
  •                       Agardamos a túa!!!

Seguro que non che gusta a poesía?


Queremos encher o instituto de cancións  para lembrar o día da paz (30 de xaneiro) e dos namorados (14 de febreiro)
Mándanos a canción sobre estes temas que máis che guste a  chavedasnoces@gmail.com co enlace de internet onde poidamos atopala, a súa letra (ben escrita) e o teu nome.
Pegarémolas todas polos corredores do instituto e poderemos velas e escoitalas na entrada do edificio A  na últimas semanas de febreiro.
Poden ser en calquera idioma  e tamén podedes entregala en man na biblioteca.
Anímate e participa!!!

Por fin, de volta!

Xa vedes que este ano imos con moito retraso na publicación das nosas actividades pero non pensedes que estamos parados. 
Pouco a pouco, iremos subindo  ao blog todo o que fixemos ata agora e poñerémonos ao día. 
Así que estade atentos porque... 
                      Xa estamos de volta!!!!