viernes, 13 de junio de 2025

Estreamos taboleiro de xadrez!


Este mes, estamos de estrea na biblioteca! 

Grazas ao traballo creativo e colaborativo do alumnado de 1º e 2º da ESO na materia de Tecnoloxía e Dixitalización, impartida polo profesor Manuel Abuín, contamos cun novo taboleiro de xadrez. Trátase dun recurso moi especial, tanto polas súas dimensións, unhas cinco veces maior ás dun taboleiro estándar, como por estar realizado á man con moita dedicación e tecnoloxía. Así, o alumnado puxo en práctica os seus coñecementos técnicos para darlle vida a este proxecto educativo e, coa axuda do seu profesor, encargouse do deseño do taboleiro e das pezas, así como da construción destas. Para isto, empregáronse diversos materiais do programa Polos Creativos, como son a cortadora láser e o plótter de corte. 

O taboleiro forma parte das actividades que acompañan a nova edición do concurso de xadrez que se está a celebrar na biblio, no que participan 13 estudantes de 1º a 4º da ESO. Con esta iniciativa, que combina tecnoloxía, creatividade e pensamento crítico, animamos o alumnado a que se achegue á biblioteca para ver de preto o taboleiro, botar unha partida ou seguir as xornadas do concurso que está en marcha.