Samaín, Dia das Brujas, Halloween... Esta celebración internacional chega á biblioteca cun altar de mortos con escritores e escritoras de medo, unha mostra bibliográfica terrorífica, locucións radiofónicas que asustan ou recomendacións lectoras en varias linguas que dan pavor.
Estas son algunhas das iniciativas que se promoveron desde a biblioteca arredor da data do 31 de outubro e que contaron coa axuda imprescindible do alumnado voluntario. Elas e eles participaron na creación dun escenario repleto de iconografía propia desta festa, para animar a gozar dunha noite meiga!
No hay comentarios:
Publicar un comentario