Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de mayo de 2026

Entre Circes, Penélopes e Morganas: o Día das Letras Galegas de Begoña Caamaño


Este ano dedicámoslle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, novelista e activista feminista e sindical. Montamos unha exposición sobre a súa vida e obra na entrada do edificio A e decoramos con rotuladores o cristal da sala de estudo.



Tamén fixemos chapas e bolsas. 









Ademais, este ano 1º de Bacharelato leu Circe ou o pracer do azul, a súa primeira novela, publicada en 2009. Nela, cóntasenos a amizade entre Circe e Penélope, personaxes femininas da Odisea que no seu libro van máis alá de ser as acompañantes de Odiseo/Ulises.