viernes, 19 de junio de 2026
As lecturas de verán
jueves, 18 de junio de 2026
Reunión do club de lectura das adultas
O mércores 18 de xuño tivemos reunión do club de lectura das adultas: profesorado, persoal administrativo, laboral e da cafetaría do IES, algunhas persoas xa xubiladas. Aínda que na reunión non puidemos estar todas, xuntámonos once persoas. Estamos moi contentas de canta xente se apuntou este ano. A promoción da lectura pasa por involucrar a toda a comunidade educativa, gozar xuntas da lectura e de paso darlle exemplo ao alumnado.
Comentamos A agonía das folerpas (2022) de Óscar Reboiras Loureiro, Premio de Novela Galicia Rural e obra prima do autor. Ambientada na Serra do Xurés, de a cabalo entre Galicia e Portugal, conta a historia dunha investigación policial e xornalística trala descuberta dun feixe de restos humanos na aldea de Salgueiro, onde se estaba construír unha ecoaldea. Falamos demoradamente da trama, das personaxes, da ambientación, dos feitos reais que a inspiraron e das problemáticas diferenzas entre a versión orixinal galega e a autotradución ao castelán. Ademais, a biblioteca elaborou e agasallounos estes marcadores tan chulos con citas das personaxes. A conclusión foi unánime. Velaquí tedes unha suxestión para a vosa primeira lectura de verán. Boas lecturas!
martes, 16 de junio de 2026
Obituario de Marjane Satrapi (1969-2026)
Como non podía ser doutra maneira, cando fixemos o mural do xogo das recomendacións de banda deseñada, alguén recomendou Persépole de Marjane Satrapi. Publicado a principios do século XXI, marcou xeracións de lectoras e lectores. Abriunos a porta á historia de Irán entre 1979 e 1994 dende os ollos dunha pícara dunha familia liberal a cabalo entre varias culturas e xeracións. Ademais, para moitas de nós foi un espertar á novela gráfica. Vinte anos máis tarde, segue tendo a mesma forza. Se aínda non lestes a Satrapi ou non lle vistes as películas, aproveitade o verán ou anotádea na vosa lista.
Deixounos a comezos de xuño e dende a biblioteca, queremos renderlle homenaxe. Foi unha excelente escritora, pintora, directora de cine e defensora acérrima da liberdade de expresión e dos dereitos humanos. Que a terra lle sexa leve.
viernes, 12 de junio de 2026
Reunións dos clubs de lectura do alumnado
Esta semana tivemos reunión dos clubs de lectura. No de manga andamos a voltas con Wild Strawberry de Ire Yonemoto, unha distopía posapocalíptica no que os humanos deben escapar dos jinka, unhas plantas asasinas. No de novela comentamos Golpes de luz de Leticia Costas, un melodrama familiar cunha divertida relación avoa-neto.
O Torneo de Xadrez chegou á súa fin
Despois dun par de meses de partidas nos recreos dos xoves, xa temos gañadores e gañadora. Velaquí os tedes nas últimas partidas e cos trofeos que fixemos coa impresora 3D en colaboración co Departamento de Tecnoloxía.
lunes, 8 de junio de 2026
Mapa dos seres máxicos do Reino de Galicia
Soledad Felloza, narradora oral, fotógrafa e, en xeral, incansable divulgadora cultural, presentoulles ao alumnado de 2º da ESO o mapa dos seres máxicos do Reino de Galicia e contoulles un feixe de lendas do noso patrimonio inmaterial e marabilloso.
Imprimir trofeos coa impresora 3D
Canta emoción se está vivindo durante o Torneo de Xadrez! En breve chegará o momento de repartir os premios. Este ano imprimimos os trofeos coa impresora 3D en colaboración co Departamento de Tecnoloxía. A que quedaron guapos?
Material para o Día das Letras Galegas coa colaboración dos Polos Creativos
Lecturas activas na biblioteca
E non sabedes o ben que o pasamos coa lectura colectiva de Atranco no banco, unha comedia teatral de Manuel Núñez Singala.
Día do Libro 2026, celebramos a banda deseñada
Este ano dedicámoslle o Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, á banda deseñada, cómic, quadrinhos, fumetti, bande dessinée ou como lle queiramos chamar. Como diría Shakespeare, "unha banda deseñada, por calquera outro nome, seguiría tendo viñetas." Ca, esperade, ou era unha rosa?
Montamos un mural na entrada do edificio A. Na parte esquerda colocamos imaxes de autores canónicos do cómic europeo coma Miguelanxo Prado; personaxes clásicas do cómic europeo e estadounidense, coma Astérix e Obélix e Superman; dous pósters sobre dúas estrelas da ilustración contemporánea, Emma Ríos e Bea Lema;
VI Concurso escolar de tradución "Xela Arias" 2026

Os clubs de lectura, manga e novela
Na nosa sociedade a lectura é solitaria e silenciosa, aínda que non sempre foi así: as persoas adoitaban ler xuntas e en voz alta. Hoxe en día, unha maneira de compartirmos o pracer da lectura son os clubs de lectura. Este ano no IES de Foz tivemos tres: un club de manga para o alumnado, un club de novela para o alumnado e outro para o profesorado. Estas son algunhas das reunións e das lecturas que fixemos.
lunes, 1 de junio de 2026
CELEBRAMOS O 11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Con motivo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o IES de Foz desenvolveu unha actividade enmarcada no Plan Proxecta Donas de Si, destinada ao alumnado da ESO e Bacharelato das materias de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Cultura Científica e Matemáticas.
A proposta tivo como finalidade achegar ao alumnado referentes actuais do ámbito científico e tecnolóxico, favorecendo a reflexión sobre a igualdade de oportunidades, a visibilización do talento e a importancia da ciencia na sociedade actual.
Tras unha primeira aproximación ás súas biografías e traxectorias profesionais, o alumnado realizou unha pequena investigación sobre as súas achegas e elaborou preguntas relacionadas coa súa formación, experiencias persoais, dificultades atopadas, motivacións e consellos para as novas xeracións.
As cuestións formuladas polo alumnado foron respondidas por Vera, Elena e Daniel a través dun vídeo gravado expresamente para a actividade. Posteriormente, o vídeo foi proxectado nas aulas das diferentes materias implicadas, permitindo compartir as reflexións e fomentar o diálogo arredor da ciencia, da igualdade e das vocacións científicas.
Este tipo de actividades supón numerosos beneficios para o alumnado, xa que contribúe a achegar a ciencia á realidade cotiá, humanizando a figura das persoas investigadoras e favorecendo unha maior motivación cara ás disciplinas científicas. Ademais, promove o pensamento crítico, a curiosidade e a participación activa do alumnado, ao tempo que visibiliza referentes femininos e axuda a combater estereotipos de xénero asociados ás profesións STEM. Do mesmo xeito, fortalece valores como a igualdade, o esforzo, a superación persoal e a confianza nas propias capacidades, aspectos fundamentais dentro da filosofía do Plan Proxecta Donas de Si.






.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)

.jpg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)




