viernes, 22 de mayo de 2026
A hora de ler
A Candeloria
O día 2 de febreiro celebramos a Candeloria, unha festividade pagá agora cristianizada que festexa o cambio de estación do inverno á primavera. A día de hoxe fáisenos raro porque para nós o inicio da primavera vén marcado pola traslación da terra arredor do sol e ten lugar arredor do 20-21 de marzo. Porén, na Antigüidade utilizábanse outras medidas para marcar os cambios de estación como o apareamento dos animais. Por iso a Candeloria é o día "en que casan os paxariños".
Ademais, colocamos polo instituto cartaces con refráns populares que fan referencia ao poder da data para predicir o tempo que irá nos seguintes meses.
Ademais de facermos cartaces sobre a tradición galega tamén fixemos algúns celebrando o día de Santa Bríxida, "Lá Fhéile Bríde" en irlandés e "St Brigid's Day" en inglés, unha das celebracións máis importantes de Irlanda. Ao igual cá nosa Candeloria, celebra o inicio da primavera, da vida e da fertilidade. Son as tradicións da faixa atlántica celta de Europa: o inicio de Imbolc.
miércoles, 13 de mayo de 2026
Entre Circes, Penélopes e Morganas: o Día das Letras Galegas de Begoña Caamaño
Este ano dedicámoslle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño, xornalista, novelista e activista feminista e sindical. Montamos unha exposición sobre a súa vida e obra na entrada do edificio A e decoramos con rotuladores o cristal da sala de estudo.
Tamén fixemos chapas, bolsas e cadernos.
Ademais, este ano 1º de Bacharelato leu Circe ou o pracer do azul, a súa primeira novela, publicada en 2009. Nela, cóntasenos a amizade entre Circe e Penélope, personaxes femininas da Odisea que no seu libro van máis alá de ser as acompañantes de Odiseo/Ulises.








.jpeg)
