O último día lectivo o Departamento de Educación Física en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade de xogos populares na que o alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron a función de monitores cos seus compañeiros de primeiro.
martes, 3 de julio de 2018
A nosa historia facémola nós
Neste curso escolar
desde o EDLG seguimos a reconstruír anacos de historia a partir de
fotografías familiares acompañadas do seu relato. A iniciativa
procura ir recuperando e poñendo en valor a nosa historia, a dos de
aquí e a do alumnado inmigrante tamén, achegándonos á súa
cultura e favorecendo a integración. Participou alumnado de 1º e 2º
ESO, para os que supuxo unha tarefa dentro da primeira avaliación na
materia de Lingua Galega. Do resto de cursos só participaron algúns
alumnos e alumnas de 4º ESO de xeito voluntario, animados pola súa
profesora de Galego. O labor posterior de dixitalización de textos e
imaxes deu como resultado unha exposición no corredor que conduce á
Biblioteca.
Etiquetas:
Actividades culturais,
Exposición,
historia,
Normalización,
Traballos do alumnado
Explorando as plantas da contorna
O presente traballo do alumnado de 1º da ESO da profesora de Bioloxía Montse Otero foi realizado en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega pola
importancia que ten nomear en galego árbores e plantas, ademais de
coñecer o seu nome científico e o recoñecemento no seu hábitat.
Etiquetas:
flora,
Traballo interdisciplinar,
Traballos do alumnado
lunes, 25 de junio de 2018
Creando bandas deseñadas
Chegado o mes de xuño, na materia de Lingua Galega, o alumnado de 1º
ESO aplicou técnica e inventiva para crear unha banda deseñada.
Case sempre en parella ou pequeno grupo e en moi pouco tempo foron collendo forma historias incribles, moi reais, simpáticas, terribles...
O papel protagonista nalgúns casos corresponde a personaxes que saíron das lecturas deste curso, coma Escarlatina ou Dona Perfecta, pero tamén hai superheroes e superheroínas, criaturas estrañas, coñecidos personaxes do mundo da banda deseñada...Ata atopamos na súa propia aventura a dúas das creadoras, Alba e Patricia.
Xunto a elas, asinan as outras historias desta pequena mostra Raúl e Carlos; Bruno e Pablo; Manuel, David e Jorge; Diana e Noa; Diego e Daniel; Lois e Marco; Adan; Laura e Noelia; Lucía e Selene; Joan.
Por limitacións de espazo non reproducimos aquí a totalidade destas fantásticas creacións, pero sí unha mostra que, coidamos, resulta representativa.

Banda deseñada,
Creación,
Humor
Fotografías sobre o urbanismo da contorna do centro realizadas polo Clube de Lectura de 1º da ESO
As seguintes fotografías sobre o urbanismo da contorna do noso centro xurdiron a partir da lectura E posterior reflexión arredor do cómic "A mansión dos Pampín" dentro do Clube de Lectura de 1º da ESO no 3º trimestre.
Interesantísimo programa radiofónico sobre os dinosaurios realizado por Patrick Santos
Nos vos perdades este ameno e formativo programa elaborado por Patrick
Etiquetas:
Actividades culturais,
radio
Programa radiofónico sobre a WWE do alumno Martín Marrube
O seguinte programa aborda a biografía de dous dos loitadores máis relevantes da WWE, Sasha Banks e Roman Reigns.
Etiquetas:
Actividades culturais,
radio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)