miércoles, 2 de mayo de 2012

Os gañadores

O curso 3º ESO A  foi o gañador do concurso Sabes Quen Son? e, por fin, saborearon o seu premio. Aquí vos deixo as fotos que fixemos na xornada de almorzos organizada polo departamento de hostalaría, na que foron o grupo invitado.
Moitas grazas a este departamento polo moito que colaboran con nós cada vez que llo pedimos e non vos perdades as como se puxeron os premiados!






jueves, 19 de abril de 2012

En abril...libros mil!


Queremos celebrar convosco o día do libro, que como xa sabedes é o próximo luns 23 de abril. Por iso, e porque cada un ten gustos distintos, propoñemos varias opcións:
1. Imos proxectar nas pantallas das entradas do centro unha curta de animación que ten como protagonistas os libros:
 Non volo perdades! Vaivos gustar!

 2. Durante o recreo do luns  23, na Biblioteca, leremos algúns poemas que os “profes” elixiron para esta ocasión.
 Estades todos convidados!

3. Cal é o teu libro favorito?
Queremos facer un gran mural no que aparezan as portadas dos libros que máis nos gustan, polo que necesitamos a colaboración de tod@s.

Busca a imaxe do teu libro favorito, 
pégaa nun documento de word xunto co teu nome, 
e envíanola a
 Nós imprimirémola e iremos pegándoas no mural ao longo da semana.
 (Se che resulta máis fácil  podes traela xa impresa ou nunha USB á biblioteca nos recreos)

lunes, 26 de marzo de 2012

Tes que vela!

Vilamor é a nova película de Ignacio Vilar, coñecido xa pola súa exitosa longametraxe "Pradolongo". Vilamor é un filme baseado no ano 1976 en feitos reais, no que un rapaz chamado Breixo forma parte dunha comuna idealizada nun estilo de vida alternativo que decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.
O seu lema é "Soñamos cun mundo mellor. Decidimos facelo realidade"


O día 23 de marzo viñeron promocionarnos o seu filme o director, (Ignacio Vilar) os actores principais (Rubén Riós e Sabela Arán) e un actor de reparto (Xoel Yáñez).
Ignacio Vilar explicounos en que consiste a rodaxe dunha pelicula, o seu custo e a súa financiación.
Fixemos un simulacro no cal se vía que non era tan fácil grabar unha escea, xa que o tempo está limitado e por un simple fallo pódese botar a perder un día de traballo, o cal ten que retomarse ó día seguinte e supoñería unha gran perda de cartos.

A súa presenza foi agradable, levadeira e entretida. Gustarianos que houbese máis destas charlas, que ademáis de entretidas son didácticas.


Este filme pódese ver a partir do 30 de marzo nos cines de Ribadeo, As Termas e no centro de Lugo ata o 1 de Abril. Agás en Lugo que tamén está en Semana Santa.

Podedes informarvos na páxina oficial: www.vilamor.eu
E seguilos nas redes socias: twitter, tuenti e facebook.

http://www.youtube.com/watch?v=YJ4HS-Ryf0g

Itziar Bernardo, Vanessa García, Judit Trelles, Sandra Rey


domingo, 18 de marzo de 2012

Día da muller traballadora

Dende o día 8 de marzo estamos a celebrar  o día internacional da muller traballadora. Para iso preparamos varias actividades dirixidas ao alumnado.
Para 1º, 2º e 3º de ESO organizamos un xogo na biblioteca que consistía en atopar o nome de 13 mulleres destacadas na historia das cales só coñecían a súa foto e algúns datos das súas biografías. Durante unha sesión de clase, e divididos en grupos, investigaron sobre elas e foron moitos os que atoparon os seus nomes. Seica o pasaron moi ben ao tempo que descubriron unhas mulleres excepcionais!
Ao mesmo tempo, o alumnado de 4º e 1º de Bac investigaron a vida doutras mulleres e elaboraron unhas fichas sobre elas que expoñeremos na biblioteca e nas pantallas das entradas dos edificios A e B a partir do luns 19.
Aquí vos deixo un avance do ben que o pasaron xogando en grupos e pronto poderedes ver os traballos dos maiores.



As nosas actividades na prensa

Co gallo do día mundial da muller traballadora fixemos distintas actividades nas que participastes moitos de vós. A prensa fíxouse nelas e reflexounas en distintos medios. Podedes ler o que publicou Crónica 3 ou consultar na biblioteca as edicións da Mariña de El progreso e La voz de Galicia.

viernes, 17 de febrero de 2012

COPLAS GAÑADORAS NO ENTROIDO


1º PREMIO: O bo Urdangarín
O bo Urdangarín érache pobre
só tiña cartos a esgalla
e tentou pillar limosna
onde vía que sobraba

O rei non lle daba nada
e mira que llo pedíu!
agora pensará o pobre
vaia xenro me saíu!

Dona Cristina está triste
pensou que era un deportista
déronlle gato por lebre,
resultou ser un cuentista.

Qué será agora del?
Qué será da súa vida?
Qué será do bo de Iñaki?
Qué será da monarquía?

  Sabela Quirós e Inma Rodríguez (1º Bac)

2º PREMIO: "APERCIBIMENTO"
Ánxeles apercibiume
De palabra e penitencia
Agarroume da peleas
Ai Xesús dáme paciencia!

Nos exames, ben fodido
Nas clases non paro quieto
Todo isto suma e segue
Ai Deus meu outro suspenso!

Cando lle entrego a libretra
non lle chega un boli roxo
Todo se volven tachóns
Hasta a min me da ben noxo!

A clase está a rematar
Non me teño de Leticia
Para ir correndo ao baño
A baixarme a petrina

Despois dunha mexadiña
Non me queda outro remedio
Que volver á clase axiña
Para aguantar á Paleo

Daniel Irimia (4º ESO)


3º PREMIO: De Helena e Mar imos falar
Sempre que imos a debuxo
Está xa Helena na porta
Co traballo na súa man
Para deixar a Noa morta

Imos ó laboratorio
Está Mar coa súa bata
Vai facer experimentos
Cos que metemos a pata

Helena anda a buscar
as regras que escondemos
ela quere traballar
pero nós non queremos

Mar sempre di que ten
nenos favoritos mil
Quitando a Óscar Lombán
Que di que se volveu vil.

Falando destas dúas profes
Que son Helena e Mar
Despedimos estas coplas
Porque xa nos van matar.

Óscar Lombán e Andrea Reigosa (1º Bac)

PREMIADOS OS MICRORRELATOS

Preséntovos aos gañadores do concurso de microrrelatos cos seus textos respectivos. Disfrutádeos!

PREMIO AO MELLOR ESCRITO
Velaquí un relato de oposición entre a paz e o amor:
Unha muller chamara á medianoite á policía avisando de que un rapaz e unha rapaza estiveran bañándose espidos no lago ao lado da súa casa e non lle deixaban durmir.
O garda civilveu, afastounos, e a señora volveu á súa casa.
Unah hora máis tarde, a mesma muller volveu chamar e o mesmo home afastou ós namorados que non deixaban durmir en paz á señora uns metros máis aló.
Eran xa as cinco da madrugada … e o policía volveu por cuarta vez a afastar ós mozos, e entón o policia díxolle á señora:
-Pero se xa están a máis de medio kilómetro da súa ventá!
A muller, alporizada, díxolle:
- Si,  pero con los gemelos aún los puedo ver!
                   Daniel Oliveira Fernández

PREMIO AO MÁIS ORIXINAL
¡Camareiro, camareiro!
¡Unha ración de paz e dúas de amor para esta mesa!
                      Julia García Currás
PREMIO AO MÁIS DIVERTIDO
Non estou casada, ¿Para que o necesito?
Teño tres mascotas: un can que gruñe pola mañá, un loro que bota juramentos durante toda a tarde e un gato que chega tarde pola noite
                  Sabela Fernández Rodicio

¡NORABOA A TOD@S!