viernes, 25 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

viernes, 30 de noviembre de 2012

Contra a violencia de xénero

   Levamos todo o mes reflexionando e sobre todo falando moito nas clases sobre a violencia de xénero. Podedes ver unha mostra deste traballo nestas imaxes. Noraboa a tod@s!!!































jueves, 1 de noviembre de 2012

TEATRO DE SOMBRAS

O ano pasado quedounos unha actividade moi interesante sen publicar no blog e cremos que algo así non pode quedar só na nosa memoria. 
Fíxemos un intercambio cultural moi gratificante co colexio nº 1 da nosa localidade. 
O día 5 de maio desprazámonos ata alí co alumnado colaborador coa nosa  biblioteca escolar e puidemos disfrutar moitísimo con dúas obriñas de teatro que eles prepararon para nós.

 Na primeira delas fixeron unha desternillante crítica aos recortes que sofre a sanidade pública e ás súas consecuencias. Estes son @s alumn@s que chegaron este ano ao noso centro e xa se lles ve con ganas de colaborar!




Despois o alumnado de 5º regalounos unha boa interpretación da vida nunha casa calquera que traía baile incluido.



O certo é que o fixeron de marabilla e deixaron aos nosos colaboradores un pouco intranquilos porque crían que non serían capaces de facelo tan ben. O medo escénico empezaba a actuar!
O 31 de maio aqueles actores convertíronse en espectadores e nós... en sombras!
Aproveitando que na nosa biblioteca hai dúas salas comunicadas cunha gran parede de cristal representamos con sombras dous contos clásicos da nosa literatura "O paraugas Xacinto" de Álvaro Cunqueiro e "Os defuntos falaban castelao" de Ánxel Fole. O resultado foi espectacular! Aquí vos deixo unhas imaxes para que o vexades!


















Nós tamén tivemos música para rematar. Tres alumnos de 4º de ESO (Dani, David e Jesús) estudan música no conservatorio e ademáis son apaixoados da guitarra eléctrica. Eles foron o broche final dunha mañá inolvidable e na que non perdimos a oportunidade de facernos unha foto para a posteridade.








QUÉROTE SEN VIOLENCIA

   Dende a biblioteca querémosvos propoñer dúas actividades para  reflexionar sobre este tema  e, en especial sobre a violencia que aparece nas relación  entre parellas adolescentes. Pretendemos, así, presentar formas de relación baseadas na igualdade, o respecto, a autonomía persoal e o apoio mutuo.
   Podedes dedicar a este tema as sesións de titoría que teñades entre os días 19 e 30 de novembro. Se vedes que o tema dá para máis, actuade libremente nas seguintes titorías. 

ACTIVIDADE 1
A) TRABALLO EN GRUPO NA AULA: Dividir a clase en 4 subgrupos (un de chicos, un de chicas e 2 mixtos) que deberán responder ás seguintes cuestións:
1. ¿Credes que a violencia de xénero é un problema que se da en parellas xoves? ¿Por que?
2. ¿Que factores inflúen para que se xeren relacións de violencia en parellas xoves?
3. ¿Que poderiamos facer os chicos para previr a violencia masculina contra as mulleres?
4. ¿ Que poderiamos facer as chicas para previr a violencia masculina contra as mulleres?

B) POSTA EN COMÚN: Posteriormente exponse o traballo dos subgrupos en gran grupo, e realizase un debate no que o titor/a será o moderador/a.

C) AS NOSAS PROPOSTAS “TQ SIN VIOLENCIA”
Cada grupo elixirá da lista de afirmacións, que vos proporcionará o titor, as 10 frases que consideren máis relevantes para fomentar relacións de igualdade entre mulleres e homes.  Tedes que lelas con atención  e seleccionar 4 frases da lista de chicos, 4 frases da lista de chicas, e por último proporán outras 2 afirmacións novas.

D) POSTA EN COMÚN:
As novas propostas podedes expresalas nun mural que, posteriormente, pegaredes nos paneis que haberá en distintos lugares do centro como resumen do traballo de tódolos cursos.


ACTIVIDADE 2
Paralelamente queremos que vos expresedes. Buscade na prensa (impresa ou dixital) noticias relacionadas coa violencia de xénero. Recortadeas e pegadelas tamén nos paneis. Haberá un lugar delimitado para estas  noticias,  outro para que escribades a vosa opinión, sentimentos, etc e outro para as vosas propostas. Podedes utilizar a prensa e revistas propias ou da biblioteca. 

jueves, 27 de septiembre de 2012

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola! Comezamos un novo curso cheo de ilusións e proxectos. Estamos encantados de vervos  pola biblioteca e preguntando cando faremos isto ou estoutro. Paciencia!. Estamos dándolle os últimos toques á nosa programación. Mentres tanto, lémbrovos que o noso horario de apertura é:
De luns a venres: de 9,00 h a 14,30 h
Os luns tamén abrimos pola tarde de 16,00 h a 17, 40 h.


miércoles, 2 de mayo de 2012

Os gañadores

O curso 3º ESO A  foi o gañador do concurso Sabes Quen Son? e, por fin, saborearon o seu premio. Aquí vos deixo as fotos que fixemos na xornada de almorzos organizada polo departamento de hostalaría, na que foron o grupo invitado.
Moitas grazas a este departamento polo moito que colaboran con nós cada vez que llo pedimos e non vos perdades as como se puxeron os premiados!






jueves, 19 de abril de 2012

En abril...libros mil!


Queremos celebrar convosco o día do libro, que como xa sabedes é o próximo luns 23 de abril. Por iso, e porque cada un ten gustos distintos, propoñemos varias opcións:
1. Imos proxectar nas pantallas das entradas do centro unha curta de animación que ten como protagonistas os libros:
 Non volo perdades! Vaivos gustar!

 2. Durante o recreo do luns  23, na Biblioteca, leremos algúns poemas que os profes elixiron para esta ocasión.
 Estades todos convidados!

3. Cal é o teu libro favorito?
Queremos facer un gran mural no que aparezan as portadas dos libros que máis nos gustan, polo que necesitamos a colaboración de tod@s.

Busca a imaxe do teu libro favorito, 
pégaa nun documento de word xunto co teu nome, 
e envíanola a
 Nós imprimirémola e iremos pegándoas no mural ao longo da semana.
 (Se che resulta máis fácil  podes traela xa impresa ou nunha USB á biblioteca nos recreos)