Xa temos a palabra da semana que estabades agardando, o chícaro, que vai facer as delicias dos 24 alumnos e alumnas que acertaron esta semana a palabra do concurso "Dar no cravo".
Protagonista das festas gastronómicas de Foz, o chícaro tamén se coñece cos nomes de améixoa, carneiro, croque, berberecho, birbiricho e caramuxo.
Parabéns ás persoas acertantes e moitas grazas a todas as participantes, que cada semana son máis (75 desta volta ).
Agora toca estar atentos e atentas á nova pista do concurso para poñer de novo en marcha a maquinaria.
A pensar! 💪🙌
No hay comentarios:
Publicar un comentario