jueves, 3 de marzo de 2022

Concurso de relato curto

Ola a todos! Este curso poñémonos tarde coa actualización do blog, porque sabemos que moitos de vós seguides as nosas novidades a través de Instagram. En todo caso non queremos deixar este espazo sen contido, así que aquí estamos para seguir achegando noticias que podan ser do voso interese. Comezamos, neste caso, co anuncio do Concurso de relato curto, que este ano ten por tema "A alimentación", xa que é o tema escollido pola biblioteca para este curso. Como ven sendo habitual será o alumnado de 2º ESO volutario de biblioteca o encargado do concurso, así como o xurado do mesmo. Deixámosvos aquí as bases e esperamos que vos animedes a participar! Ata pronto! 1. Poderá participar todo o alumnado do IES de Foz. 2. O concurso consistirá en escribir un relato relacionado co tema escollido pola biblioteca para traballar ao longo deste curso: a alimentación. 3. Haberá dúas categorías, establecéndose dous premios por categoría: -Alumnado de 1° e 2° ESO. -Alumnado de 3° e 4° ESO, Bac e FP. 4. Os premios consistirán en vales para canxear en calquera libraría do pobo. 5. O texto non sobrepasará as 500 palabras. 6. O prazo de presentación comeza o dia 3 de marzo e remata o día 3 de abril. 7. Poderá entregarse vía mail, en formato PDF. A dirección de entrega será: biblioiesfoz@gmail.com 8. O alumnado que non poida enviar o traballo por correo electrónico pódese poñer en contacto co Grupo 1 de colaboradores da biblioteca (pódese consultar o horario no taboleiro da biblioteca) ou coa encargada da biblioteca, quenes facilitarán unha forma alternativa de participación. 9. A presentación do microrrelato deberá cumprir as normas de entrega de traballos do instituto. 10. O xurado estará formado polo alumnado de 2° ESO que participa como colaborador de biblioteca. 11. Os relatos premiados daranse a coñercer despois das vacacións de Semana Santa e a entrega de premios terá lugar ao longo do mes de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario