jueves, 26 de noviembre de 2020

Noraboa aos premiados no concurso de Podcast!

 

                             

       Estamos encantados e orgullosos de poder dar a noraboa aos rapaces e rapazas do Club de Lectura de 2º ESO de curso pasado, así como ao profesor encargado do mesmo, Suso Cortázar. Por segundo ano consecutivo obteñen un premio no concurso de Podcast Xosé Mosqueira. Este ano levan o 1º Premio. Noraboa a tod@s! 

        Deixamos aquí o texto elaborado por Suso, o profesor que coordinou a actividade, así como o texto do Podcast.

     O 1º Premio de Podcast da 2ª edición dos premios Xosé Mosquera, O vello cos contos, recaeu de novo nun grupo de alumnas e alumnos do IES de Foz. Andrea Rodríguez, Bruno Rodríguez,  Betty Martínez,Carlos Iglesias, Miguel Río, Francisco Sánchez e Héctor Portela presentaron ao concurso un podcast baseado nun conto tradicional galego, a lenda da Casa da Moura, modificado mediante a inserción de refráns.


    Na edición engadiuse o tema musical de Kevin MacLeod, Pippin the Hunchback (con licenza creativecommons).
 

A gravación levouse a cabo durante o curso pasado, no contexto do club de lectura do IES de Foz. O confinamiento impediu que outro grupo do club ( Helen Aragón, Xoel Díaz, Jacobo Gayoso, NereaFernández, Hussam El Khiari) finalizara a gravación do seu podcast e puidera optar tamén a este premio.
 

Compartiremos a recompensa con todos eles.

 

Texto do podcast:
 

    Era un pobre que ía á mañá cedo para a feira do 12, e ó pasar pola Casa da Moura saíulle un mouro epreguntoulle:
 

- E logo para onde vai?
 

- Voulle para a feira mercar uns porquiños.

(Un porco é unha botica)


- E ten moito diñeiro para os mercar?
 

- Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.

(Labrador sen horta, fame á porta)


- Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos dos mellores que haxa, e esperádesme alí ti e mais os quechos venden. E despois vou eu e págollelos.

(Para ruín feira, corda baleira)


E pasou todo segundo dixera, e o mouro quedouse cun porco e o home con outro. E entón o mouro díxolleó home:


- Mira, todas as mañás cedo tráeme aquí medio neto de leite. Ti non chames por ninguén. Déixamo neste sitio sinalado que xa terás nel un peso todos os días. E así segues sempre. E ten tino de non dicir nada a ninguén, que estas cousas non se poden dicir.


E por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos. Mais a súa muller sempre lle andaba dicindo:


- De onde che veñen os cartos? Porque antes non tiñamos case ningúns e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.
 

E o home contestáballe:
 

- Non, muller, non. Ti come e bebe e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha.
 

E ela volvía porfiar:
 

-Pois ti tesmo que dicir, que dalgún lado che veñen.

(Ó que moito queira saber, dáselle o cu a lamber)


E tanto porfiou e tanto fixo que rematou por llo dicir.


(Muller que sabe latín non serve para min)


Veu para o outro día á mañá, e o home foi co leite, mais ó chegar ó sitio sinalado, en vez dos cartos atopou un corno cun letreiro que dicía:

Falaches, corneaches.

No hay comentarios:

Publicar un comentario