viernes, 12 de abril de 2019

Excursión a Mondoñedo!


        O pasado martes, día 9 de abril, as persoas colaboradoras da biblioteca do instituto visitamos Mondoñedo, como agradecemento pola axuda durante o curso. Fomos algunhas persoas de 1º, 2º e 3º de ESO e fixemos unha serie de actividades.





     Primeiro visitamos o "Alfar os Muiños", onde todos os grupos puideron realizar distintas actividades con cerámica e utilizar o torno. Despois fomos ao seminario de Mondoñedo onde coñecemos polo miúdo a biblioteca. Nela puideromos ver libros moi importantes e vellos, como a 1ª ed. dic. de galego de Marcial Valladares e unha biblia políglota. Logo, tivemos media hora libre para recargar enerxias pola zona da plaza. E por último, visitamos o cemiterio municipal, que poidemos comprobar que se dividía en 3 partes (a parte de abaixo para os pobres, a do medio para a clase media e a de arriba para a xente rica). A través de xogos de pistas descubrimos a tumba de Álvaro Cunqueiro, Pascual Veiga e Manuel Leiras Pulpeiro.

1 comentario:

  1. Grazas a todos os colaboradores, colaboradoras e profes implicados coa biblioteca! Sen vós non sería posible! Moi merecida xornada para todos: interesante e divertida. Seguímonos vendo pola biblio!

    ResponderEliminar