jueves, 26 de noviembre de 2009

Instruccións Hora de Ler

A actividade terá lugar, en principio, na sala A da biblioteca do centro. Os alumnos terán á súa disposición un listado de textos recomendados polos distintos departamentos entre os que poderán escoller libremente. Tamén poden traer un libro da súa casa para ler nese período.

Queda á libre elección do profesor que nese momento os acompañe a opción por unha lectura individual ou en grupo (s), silenciosa ou en voz alta.

O profesor de Garda da biblioteca colaborará na atención ó alumnado.

Cada grupo ten asignado un cuaderno para que cada quen deixe constancia do título que le e libremente faiga unha valoración do texto. As anotacións serán posteriormente recollidas no blog da biblioteca chavedasnoces.blogspot.com.

Os libros que cada grupo estea a utilizar serán arquivados na estantería asignada. Unha vez que cada alumno remate a sesión de lectura devolverá o libro ó andel asignado. Cando remate definitivamente a lectura do libro, haberá de devolvelo ó seu lugar orix¡nal na biblioteca.

Neste primeiro trimestre pretendemos por a andar esta actividade e consolidala, cos cambios que parezan oportunos, no segundo e terceiro trimestre.




No hay comentarios:

Publicar un comentario