viernes, 21 de diciembre de 2018

A gastronomía na biblioteca


O alumnado de 1ª da ESO A fixo un traballo práctico sobre os contidos teóricos traballados na clase de Lingua Castelá ao longo da 1ª avaliación. O resultado foi unha revista sobre gastronomía, “Delicias”, que recolle expresións populares, definicións, distintos tipos de textos segundo a intención ou forma do discurso, sempre tomando como referencia o tema da gastronomía.

A revista conta cunha sección especial, “Paquito el chocolatero”, que contén receitas que aparecen en libros, películas e videoxogos.

Para a presentación da revista o alumnado preparou distintas obras de teatro, feitas ou adaptadas por el@s mesm@s, coma ademais dunha desenvolta polo grupo de reforzo de lingua castelá de 1ª da ESO B. Todas elas, dalgunha maneira, tiveron relación coa comida, ao ser o fío condutor da proposta.

A revista quedou exposta na biblioteca á disposición de calquera que queira consultala ou botarlle unha ollada.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Mellorando a biblioteca


Temos un novo espazo de lectura e lecer!


O novo espazo de lectura na biblioteca foi feito polo alumnado do instituto nas horas de Educación Plástica e Visual.
A creatividade fíxose ver e así o podedes comprobar nestes novos asentos.😊



Están feitos a partir duns neumáticos vellos que, a partir de agora, terán unha nova vida. Ademais, son moi cómodos xa que teñen un coxín no medio.


Xa sabedes, tedes un novo espazo de lecer na biblioteca, que pode ser utilizado sempre que queirades (hora de lectura, presentacións de libros, actividades da biblio...).😁