miércoles, 20 de diciembre de 2017
Merenda de Nadal dos voluntariose voluntarias da biblioteca
Os voluntarios e voluntarias da biblioteca e o equipo de redacción do blog celebramos este martes 19 de decembro unha merenda durante o recreo con biscoito e chocolate quentiño. Moi boas festas a toda a comunidade educativa do IES de Foz e un feliz 2018!
O IES de Foz decora a biblioteca navideña
Denisse
O
IES de Foz decorou no mes de decembro a biblioteca do instituto. Os
voluntarios da biblioteca decoraronna coa axuda dos mestres. Puxeron:
lazos, caixas de agasallos e espumillon, para dar o ambiente navideño
como todos os meses de decembro. Todo quedou moi bonito e vistoso.
Entrevista o alumnado de FP Básica sobre o programa de radio
Xornalistas: Chema e Cao.
Hoxe entrevistamos ao alumnado de FP Básica de comercio sobre o programa de radio que realizaron no primeiro trimestre.
PREGUNTA: Por que se
vos ocorreu facer un programa de radio?
ALBA: Dounos a idea
a profesora Ana Carreira
PREGUNTA: Quen
decidiu como estaba formado o equipo?
MÍRIAM: Todos nós,
todo o equipo.
PREGUNTA: Canto
tempo vos levou facer o programa?
EDI: Máis ou menos
un mes e medio.
PREGUNTA: Foi
divertido facer o programa?
JOSEBA: Si, oh.
Estivo bastante ben.
PREGUNTA: Que foi o
máis divertido?
JOSEBA: As risas que
nos botabamos.
EDI: As vaciladas a
Alba.
PREGUNTA: Que foi o
máis aburrido?
NAIM: Pois a verdade
é que non sei.
MARTÍN: Editar o
programa.
PREGUNTA: Que foi o
máis difícil?
FANEGO: A hora de
pensar as preguntas para facer a entrevista.
PREGUNTA: Por que
lle fixestes unha entrevista a Marcote?
EDI: Porque é o
único profesor que nos caía ben... (risas) Non, porque estaba
próxima a súa xubilación e quixemos facerlle unha homenaxe.
PREGUNTA: Como vos
sentistes ao escoitar o voso programa?
EVA: Esta ben.
Gustoume. O resultado foi satisfactorio.
PREGUNTA: Tedes
pensado facer outro programa?
NAIM: Non sei...
JOSEBA: Supoño que
si. Para perder clase, e iso...
FANEGO: Si.
Gustaríame facer un.
PREGUNTA: Que temas
tedes pensado tratar no programa?
JOSEBA: Iso pénsase
sobre a marcha.
MARTÍN: Sobre a
droga. Ah, si sobre o ciclista que dou a volta ao mundo. Xa o
entrevistamos.
martes, 19 de diciembre de 2017
Concurso de postais de Nadal
Recentemente no
Instituto de Foz, celebrouse un concurso de postais de Nadal en
galego. Houbo un xurado que valorou os traballos cos que participaron
os alumnos e alumnas de 1º, 3º e 4º da ESO. A convocatoria do
concurso fíxose en novembro e a data límte de entrega de postais
foi o 4 de decembro.
O xurado foi o
profesorado de plástica e outras materias. Valorouse a lingua do
alumnado e a creatividade.
Con este concurso
búscase que o alumnado mellore a súa expresión escrita en galego e
a súa destreza debuxando.
As tres gañadores
foron:
Laura García
Rodríguez (3ºA)
Patricia Maseda Amil
(1ºA)
Diana Labrada Pinto
(1ºB)
lunes, 4 de diciembre de 2017
lunes, 27 de noviembre de 2017
Divertidísimo programa de radio realizado polo alumnado de 1º de FP Básica de Administrativo do IES de Foz
Este programa foi elaborado polo seguinte alumnado: Daniel Cuadrado, Alba, Edi, Naim, Miriam, Martín, joseba, Eva, Sergio e Damiel Fanego.
jueves, 23 de noviembre de 2017
Entrega de premios do concurso literario polo Día da Tolerancia
Jose María González
O
vernes 17 de novembro celebráronse os premios do Día da Tolerancia
na biblioteca do IES de Foz. O alumnado participante foi: CarCarlos
Otero, Jairo Mesa, Rosa Martín, David Cuadrado
Manuel Louzao, Laura
Neira, Gabriela Souto, Pedro Méndez, David Villamil, Carla Neira,
Raúl Santos, Raúl Hernández, Diego Dragan, José María Sánchez,
Alba Rivas e Alejandro Pérez. Todos eles recibiron un libro sobre a
vida do escritor Carlos Casares.
Accésits:
Nos accésits o
premio ao mellor relato en castelán para Laura Neira por “El
Bulling”e o premio ao mellor relato de FP Báica para Daniel
Cuadrado por “Aconteceu en Mondoñedo”
Na categoría 1 os
gañadores foron os seguintes. Terceiro premio premio para Raúl
Hernández por “Tolerancia”. Segundo premio para Alba Rivas por
“A amizade”. Primeiro premio para Rosa Martín por “Silencio”.
miércoles, 22 de noviembre de 2017
Cancións que soaron na bilbioteca o xoves 15 de novembro, véspera do Día da Tolerancia
Alejandro
Cao
Elexín
estas catro cancións para que soasen o xoves 15 de novembro, o día
anterior ao "Día da tolerancia" porque falan
precisamente diso, da tolerancia, e son moi bonitas. Cada
unha trata dunha cousa distintas pero todas falan dun tema en
común.
As
cancións son:
-
"Abre la muralla" e "Contamíname" cantada por Ana Belén e Víctor Manuel.
-
"Como un irmán che falo" cantada por Fuxan os Ventos sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro.
-
"Odio por amor" cantada por Juanes.
lunes, 6 de noviembre de 2017
Gloria Fuertes a escritora famosa.
Autores: Denisse López e Patrick Santos.
O mércores 25 de outubro fumos á biblioteca e todos nos sentamos (algúns nas sillas e outros no chan). Apagaron as luces e empezaron a facer sombras chinesas, logo mandáronnos a outra parte da biblioteca e sentámonos nas sillas e alí ensináronnos un vídeo dunha escritora vella chamada Gloria Fuertes que lía o seus propios poemas que trataban da súa vida . Logo tivemos que poñer mans de cartolina e poñer poemas que nos gustaran de Gloria Fuertes, e se queriamos podiamos ler o poema que elixíramos dela, despois déronnos a cada un unha libreta, unha chapa e unha pegatina para poñer o noso nome. Para acabar puxéronnos unha canción antiga da escritora e nada máis, marchamos a casa.
Exposición no CEIP Cantel
Autor: Martin Marrube
O
día 2 de novembro de 2017 fumos expoñer o CEIP Cantel. Fumos
Roi,
Alejandro, Jose María, Patrick e Denisse.
Espuxemos
a prehistoria e tamén os animais imaxinarios.
Decidimos
facelo porque era algo que nos gustou
moito
e sobre todo porque así os nenos de 6º,5º e 4º
do
Cantel aprenderon algo máis grazas a nós.
Este é o vídeo que elaboramos sobre os contidos da preshistoria
Este é o vídeo que elaboramos sobre os contidos da preshistoria
viernes, 3 de noviembre de 2017
Buzóns para o concurso polo día da tolerancia
Autor: Alejandro Cao.
Informamos que xa están os buzóns para a entrega de traballos de relato curto sobre o día da tolerancia. Animádevos a participar!
O prazo de entrega dos traballos será dende o día 30 de outubro ata o día 10 de novembro.
Recordámosvos que se entregarán 3 premios a os concursantes que resulten gañadores.
O primeiro premio é un vale de 20€ para unha libraría. O segundo outro de 15€ e o terceiro un de 10€. Os premios entregaranse o dia 16 de novembro no recreo na biblioteca GRAZAS.
miércoles, 25 de octubre de 2017
Concurso literario do día da tolerancia
da biblioteca do IES DE Foz
polo Día Internacional da Tolerancia (16 de novembro)
En
1996 a asemblea xeral da ONU estableceu
o día 16 de novembro como Día Internacional da Tolerancia.
A Declaración afirma, entre outras cousas, que a tolerancia é o
respecto e o saber apreciar a riqueza e variedade das culturas do
mundo e as distintas formas de expresión dos seres humanos. A
tolerancia recoñece os dereitos humanos universais e as liberdades
fundamentais dos outros. Só a tolerancia pode asegurar a
supervivencia de comunidades mixtas en cada rexión do mundo.
Coa
finalidade de conmemorar esta data e de promover o valor da
tolerancia entre o o alumnado deste centro convocamos o presente
concurso de narrativa breve.
BASES:
1.Categorías:
Establécense
dúas categorías .
Categoría
1: poderá participar nesta categoría todo o alumnado da ESO e da FP
Básica no ano académico 2017-2018.
Categoría
2: poderá participar nesta categoría todo o alumnado do Bacharelato
no ano académico 2017-2018.
2.Tipos
de obras:
Os
participantes terán que entregar un relato curto en lingua galega
escrito por eles, cunha extensión máxima dunha cara. O relato terá
que estar relacionado coa temática da tolerancia ou da intolerancia.
Deben
ser relatos curtos totalmente orixinais (non se aceptan versións de
relatos xa existentes).
Valorase
a orixinalidade, a limpeza na presentación e que estea escrito sen
faltas de ortografía .
3.Presentación
dos traballos:
Os
traballos pódense entregar escritos á man ou a ordenador.
Seguiranse as normas de presentación establecidas a comezo de curso
para todos os traballos de linguas.
O
autor ou autora escribirá a lapis o seu nome, apelidos e clase pola
cara traseira do relato.
4
Datas de entrega:
As
datas de entrega dos traballos van do día 30 de outubro ao 10 de
novembro, ambos días incluídos.
5
Lugar de entrega:
Os
traballos deberán depositarse nos “buzóns” (caixas de correo)
situados para a categoría 1 ao lado da clase de 2ºA e, para a
categoría 2, diante do despacho do secretario (edificio A).
Os
“buzóns” colocaranse a partir do luns 30 de outubro.
5
Premios:
Primeiros
premios (das categorías 1 e 2): un pen drive de 8 GB e un libro.
Terceiros
premios (das categorías 1 e 2): un libro.
6
Xurado
Comporán
o xurado José María González Rivas, Alejandro Cao Arnaú, Patrick
Santos Rodríguez, Denisse López Piquero, Martín Marrube, Roi
Rodríguez Cagiao e unha persoa do Departamento de Lingua Galega.
7
Data de entrega de premios
Os
premios entregaranse no recreo o día 16 de novembro na biblioteca
do IES DE FOZ.
viernes, 20 de octubre de 2017
Nova conta de correo para contactar co equipo de redacción do blog
Acabamos de abrir unha cota nova de gmail para que nos enviedes cousas como ideas, propostas de actividades ou xogos para divertirvos cando vaiades á biblioteca, peticións de libros, etc.
Podedes escribirnos á conta: chavedasnoces2@gmail.com
AGARDAMOS NOVAS VOSAS!
Podedes escribirnos á conta: chavedasnoces2@gmail.com
AGARDAMOS NOVAS VOSAS!
martes, 17 de octubre de 2017
Presentación do equipo de redacción do blog
Moi boas rapaces!
Chamámonos Alejandro, Chema, Denisse, Patrick e Martín. Imos levar
o blog da biblioteca durante este curso.
A nosa intención
con este traballo é conseguir que o alumnado do instituto vaia máis
á biblioteca e colla libros para ler. Xa temos algunhas ideas, por
exemplo, un concurso de relato curto, entrevistas...
Esperamos que vos
guste este traballo que imos facer.
VÉMONOS NA BIBLIO!
lunes, 19 de junio de 2017
A galiña azul. Teatro lido.
Carla, Enma, Eva, Germán, Manuel, Marta, Rosa e Uxía cursan 1º de ESO no IES de Foz e colaboran activamente na Biblioteca. Nesta primavera, ademais, regalaron parte do seu tempo de lecer para coas súas voces facer teatro lido e render homenaxe a Carlos Casares desde o ENDL. O texto base é a adaptación teatral que fixo María del Carmen Gómez Álvarez de A galiña azul, e na gr avación botounos unha man Fernando, o profesor de Múśica.
Escoitade, escoitade ...Quen dixo "cocorocó"?
Aquí tedes o conto teatralizado: A galiña azul.wav