lunes, 27 de noviembre de 2017

Divertidísimo programa de radio realizado polo alumnado de 1º de FP Básica de Administrativo do IES de Foz


Este programa foi elaborado polo seguinte alumnado: Daniel Cuadrado, Alba, Edi, Naim, Miriam, Martín, joseba, Eva, Sergio e Damiel Fanego.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Entrega de premios do concurso literario polo Día da Tolerancia


Jose María González

O vernes 17 de novembro celebráronse os premios do Día da Tolerancia na biblioteca do IES de Foz. O alumnado participante foi: CarCarlos Otero, Jairo Mesa, Rosa Martín, David Cuadrado
Manuel Louzao, Laura Neira, Gabriela Souto, Pedro Méndez, David Villamil, Carla Neira, Raúl Santos, Raúl Hernández, Diego Dragan, José María Sánchez, Alba Rivas e Alejandro Pérez. Todos eles recibiron un libro sobre a vida do escritor Carlos Casares.
Accésits:

Nos accésits o premio ao mellor relato en castelán para Laura Neira por “El Bulling”e o premio ao mellor relato de FP Báica para Daniel Cuadrado por “Aconteceu en Mondoñedo”


Na categoría 1 os gañadores foron os seguintes. Terceiro premio premio para Raúl Hernández por “Tolerancia”. Segundo premio para Alba Rivas por “A amizade”. Primeiro premio para Rosa Martín por “Silencio”.



miércoles, 22 de noviembre de 2017

Cancións que soaron na bilbioteca o xoves 15 de novembro, véspera do Día da Tolerancia



Alejandro Cao

Elexín estas catro cancións para que soasen o xoves 15 de novembro, o día  anterior ao "Día da tolerancia" porque falan precisamente diso, da tolerancia, e son moi bonitas. Cada unha trata dunha cousa distintas pero todas falan dun tema en común.
As cancións son:

  • "Abre la muralla" e "Contamíname" cantada por Ana Belén e Víctor  Manuel. 
  • "Como un irmán che falo" cantada por Fuxan os Ventos sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro. 
  • "Odio por amor" cantada por Juanes.



lunes, 6 de noviembre de 2017

Gloria Fuertes a escritora famosa.



 Autores: Denisse López e Patrick Santos.


O mércores 25 de outubro fumos á biblioteca e todos nos sentamos (algúns nas sillas e outros no chan). Apagaron as luces e empezaron a facer sombras chinesas, logo mandáronnos a outra parte da biblioteca e sentámonos nas sillas e alí ensináronnos un vídeo dunha escritora vella chamada Gloria Fuertes que lía o seus propios poemas que trataban da súa vida . Logo tivemos que poñer mans de cartolina e poñer poemas que nos gustaran de Gloria Fuertes, e se queriamos podiamos ler o poema que elixíramos dela, despois déronnos a cada un unha libreta, unha chapa e unha pegatina para poñer o noso nome. Para acabar puxéronnos unha canción antiga da escritora e nada máis, marchamos a casa.




Exposición no CEIP Cantel


Autor: Martin Marrube

O día 2 de novembro de 2017 fumos expoñer o CEIP Cantel. Fumos
Roi, Alejandro, Jose María, Patrick e Denisse.
Espuxemos a prehistoria e tamén os animais imaxinarios.
Decidimos facelo porque era algo que nos gustou
moito e sobre todo porque así os nenos de 6º,5º e 4º
do Cantel aprenderon algo máis grazas a nós. 

Este é o vídeo que elaboramos sobre os contidos da preshistoria


 

viernes, 3 de noviembre de 2017

Buzóns para o concurso polo día da tolerancia

Autor: Alejandro Cao.

 Informamos que xa están os buzóns para a entrega de traballos de relato curto sobre o día da tolerancia. Animádevos a participar!

O prazo de entrega dos traballos será dende o día 30 de outubro ata o día 10 de novembro.

Recordámosvos que se entregarán 3 premios a os concursantes que resulten gañadores.

O primeiro premio é un vale de 20€ para unha libraría. O segundo outro de 15€ e o terceiro un de 10€. Os premios entregaranse o dia 16 de novembro no recreo na biblioteca GRAZAS.