O Equipo de Normalización Lingüística organiza unha interesante exposición que fai un percorrido pola historia da música galega. Paneis informativos, discos e DVD´s, libros, páxinas en Internet e unha completa selección musical conforman esta mostra.
jueves, 28 de mayo de 2009
EVA VEIGA

miércoles, 20 de mayo de 2009
Xogos na Biblioteca
Entre os alumnos de 1º ESO teñen éxito. A ver se aparece o xogo que estamos botando de menos dende hai uns días ....
lunes, 18 de mayo de 2009
Novidades

As novas suscripcións ás revistas Muy Interesante, Rolling Stones e Quo; Edgar Allan Poe traducido por Cortázar, banda deseñada e moito máis na sección de Novidades.
miércoles, 13 de mayo de 2009
Contacontos

Este Luns estiveron no centro Charo Pita e Tim Bowley que nos divertiron moito cos seus contos do mundo en versión anglo-galega. Foi unha actividade organizada pola biblioteca en colaboración co Departamento de Inglés no marco do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura, que subvenciona parte da actividade.
Premendo na imaxe tedes acceso á interesante páxina de Charo Pita.